Ir al contenido principal

Entradas

Sally Mann, a fotógrafa da cruda realidade

 Nesta entrada falaremos un pouco sobre Sally Mann, a artista da fotografía que decidín escoller. Veremos a súa traxectoria e algunhas das súas características e ao final amosarei unha réplica que fixen dunha das suas emblemáticas imaxes. Vamos alá! -UN POUCO SOBRE A SÚA VIDA Sally Mann é unha fotógrafa contemporánea que nace en Virginia en 1951. A súa temprana afección cara a fotografía levouna a estudala xa dende moi xoven, chegando a matricularse na susodita carreira en 1974. A partir de ahí, a súa excepcional e á vez controversial forma de expresar a realidade nas súas fotografías fixo que o seu nome resoara polos EEUU, meténdose nuns poucos líos de cando en cando. Finalmente, cabe destacar que foi considerada polo Times en 2001 a mellor fotógrafa do país estadounidense e moitas das súas obras están no Museo Metropolitano de Nova York. -A SÚA LONGA CARREIRA E O SEU ESTILO ÚNICO E "PERTURBADOR" Se eu a tivera que describir, diría que Sally Mann é unha artista que mira fixa...

ELEMENTOS DA COMPOSICIÓN

  ELEMENTOS BÁSICOS Centro de atención      Poden ser varios elementos os que chamen a nosa atención. Punto de atención  Pode ser calquera elemento que chame a nosa atención dentro da imaxe. Aquí adxunto uns exemplos das imaxes que realicei o pasado mércores 24/11, onde usei un paraugas como dito punto de atención. Na primeira imaxe vemos como o paraugas está en branco para rechamar a atención, pois está encima dunha pista escura. En cambio, na segunda, mostro o lado escuro do paraugas para que faga contraste co claro do pavillón. LIÑAS     Segundo onde estean situadas dividen ou dirixen a mirada. Adxunto este exemplo realizado o 2 de decembro cunhas liñas que había no corredoiro do edificio A. Na imaxe 1 podemos ver como a liña central exténdese por todo o corredoiro mentres que outra liña chega ata a esquima inferior dereita da fotografía. E na segunda vemos un radiador dende unha perspectiva que crea varias liñas FORMAS Forman parte da imaxe e ...

OS MÉTODOS DE EFECTOS DE PERSPECTIVA ANTIGOS

 Hoxe en día, coas imaxes 3D ou coas nosas tecnoloxías actuais temos dispoñible a posibilidade de retractar obxectos facilmente dende calquera punto de vista. Sen embargo, nos tempos antigos non era así. Moitos pintores, para poder chegar a debuxar os obxectos noutros tipos de orientación ou punto de vista, tiveron que facer uso do seu inxenio para inventar mecanismo que, aproveitando os raios de luz, proxectaron novos ángulos das imaxes. Vamos botar un repaso a uns poucos. 1.- Instrumento de perspectiva no Grabado de Durero  Esta imaxe data ao ano 1525, é dicir, século XVI. Un período para nós moi arcaico. Como podemos ver, dúas persoas estás traballando cun mecanismo que lles permita ver o instrumento dende unha perspectiva diferente para poder usala para o debuxo. Consiste nunha corda que coa axuda dun pequeno espello proxecta no papel uns puntos que trazan o instrumento para orientar a súa pintura na perspectiva que podemos observar. É moi curioso ver o apañados que eran n...

Unha pintura posterior ao século XX que recorda ao pasado

Hoxe en día podemos atopar moitas recreacións do arte de principos do século XX no noso mundo contemporáneo. Moitos recurren a él para a nostalxia, outros, para buscar unha forma orixinal de expresarse, etc. Sen embargo, son poucos os que podemos ver a simple vista que recurran a recrear a un estilo de arte anterior ao século XX. Tras estar un tempo buscando en Internet, angustieime ao non atopar nada que recrease ese arte e que correspondera a unha data cercana aos nosos días, é dicir, a partir do século XX. Pero véuseme á cabeza unha das miñas pasións: o cine. E nese momento, recordei un cadro que había nun cine que frecuentaba cando, antes de ser adolescente, tiña a idade de 7-8 anos. Este cadro recreaba un antigo cadro do pasado, pero cambiando as caras dos retratados orixinalmente pola de actores e personaxes míticos do cine. Por ende, ao lembrarme disto, intentei buscar o cadro orixinal e a súa versión contemporánea feita para conmemorar o cine. E así atopei dita pintura, aquí a ...

A IMAXE

IMAXE DEFINICIÓN Que é unha imaxe? De xeito visual, unha imaxe pode ser unha captura dunha persoa, unha pintura... unha imaxe é todo aquelo que podemos ver ante os nosos ollos formado por unhas proxeccións de luz, pero, a través da nosa subxectividade humana toma unha forma e un valor simbólico, e incluso pode simbolizar para nós algo máis que unha imaxe bonita ou fea. Unha imaxe pode emocionarnos ou entristecernos, facernos viaxar aos seus fermosos paisaxes, facernos sentir nostalxia... En conclusión, para min a imaxe é unha simple proxección ante os nosos ollos que a subxectividade humana pode dotar de vida.   Ben, xa falei da visualidade e do que subxectivamente opino dela. Agora vamos a darlle unha definición nos sentidos filosóficos, políticos, visuais e artísticos.  Filosoficamente, a imaxe foi obxecto de moitas observacións. En filosofía grandes comentarios nacen a partir dunha análise dunha imaxe que pode dicir mil cousas, pois repetíndome, a imaxe é algo que coa axuda...