Ir al contenido principal

ELEMENTOS DA COMPOSICIÓN

 ELEMENTOS BÁSICOS


Centro de atención

    Poden ser varios elementos os que chamen a nosa atención.

Punto de atención

 Pode ser calquera elemento que chame a nosa atención dentro da imaxe. Aquí adxunto uns exemplos das imaxes que realicei o pasado mércores 24/11, onde usei un paraugas como dito punto de atención.







Na primeira imaxe vemos como o paraugas está en branco para rechamar a atención, pois está encima dunha pista escura. En cambio, na segunda, mostro o lado escuro do paraugas para que faga contraste co claro do pavillón.

LIÑAS

    Segundo onde estean situadas dividen ou dirixen a mirada. Adxunto este exemplo realizado o 2 de decembro cunhas liñas que había no corredoiro do edificio A.





Na imaxe 1 podemos ver como a liña central exténdese por todo o corredoiro mentres que outra liña chega ata a esquima inferior dereita da fotografía. E na segunda vemos un radiador dende unha perspectiva que crea varias liñas

FORMAS

Forman parte da imaxe e poden chegar a ser do máis curiosas e pintorescas. Aquí amoso unha feita o 2 de decembro no patio do instituto:


 E volvo a facer énfase na imaxe do paraugas en branco, pois crea unha curiosa forma cando se xunta ca canasta de baloncesto:

 


E nada máis por agora, grazas!!

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

A cor

 A cor é un dos elementos fundamentais da imaxe. Sen este elemento, grandes imaxes carecerían de sentido. Para este pequeno traballo, saquei unha foto a unha folla de cor azul e puxen todo o que a rodeaba en branco e negro, recalcando así o valor que a cor ten. Un valor do que, moitas veces, non nos decatamos.

AS HORAS DO DÍA

Para esta entrada, probamos a facer unha foto ao mesmo lugar dende o mesmo sitio pero en diferentes horas do día, sacando unha cedo pola mañá(8 e vinte da mañá), outra pola tarde (5 da tarde) e outra ao anoitecer (8 da tarde). Velaquí o resultado: FOTO DA MAÑÁ: FOTO DA TARDE: FOTO DO ANOITECER: E nada máis por agora, grazas por ver! Adrián Fdez., BAC 1°D

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados: 1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.               Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto. Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra. De novo, usamos a pantalla dourada. Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados. FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO        Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fo...