Ir al contenido principal

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados:


1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.       






Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto.






Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra.



De novo, usamos a pantalla dourada.

Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados.




FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO


       Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fondo escuro, e usamos como punto de luz un foco que fumos movendo. Velaquí os distintos resultados:


Aquí, coa axuda dun foco e dunha pantalla de recheo lumínico iluminamos completamente o busto.   





Separamos un pouco a pantalla de recheo conseguindo un pouco de sombra no lado esquerdo (dende o punto de vista do espectador) da cara.




Centramos toda a iluminación no lado dereito da cara e deixamos a esquerda completamente escura.

Centramos a iluminación no lado esquerdo, deixando máis á sombra o dereito.

O mesmo proceso que a anterior con mellores resultados.



Neste busto feminino, fixen, con completa iluminación, un plano lateral.  





FOTOS DO COMPAÑEIRO COMO MODELO

 

Na 1ª foto deixo que a luz do sol se reflicta completamente no meu compañeiro. 

Nesta foto, sitúo ao compañeiro nun sitio no que lle den tanto a luz solar como a sombra.

No mesmo sitio, saco unha foto ao compañeiro dende outro ángulo.

 

Grazas por ler!

Adrián Fdez. Sánchez, BAC 1ºD


Comentarios

Entradas populares de este blog

ROBERT CAPA: O MESTRE DA FOTOREPORTAXE

 Nesta entrada, vamos a falar do autor Robert  Capa, pseudónimo usado pola parella de André Friedmann e Gerda Taro para que as súas imaxes acadaran unha maior difusión, convertíndose este nun dos nomes más coñecidos no ámbito da fotoreportaxe bélica. Destacou, por exemplo, o seu traballo no noso país, España, durante a guerra civil que vivimos no século XX, no que os fascistas sublevados acabaron coa II República. A continuación, falaremos brevemente da vida e obra destes autores. Friedmann fotografiado por Taro   OS INICIOS DE CAPA André Friedman era un simple adolescente que, debido á perda por parte dos seus pais do negocio e da casa na gran depresión, vírase convertido nun vagabundo polas rúas de Budapest, a súa cidade natal. Nesta etapa da súa vida, comeza a mostrar interese polo arte da fotografía por unha coñecida chamada Eva Besnyo. Máis adiante, a finais do seu período escolar, coñece ao socialista Lajos Kassák, quen esperta nun aínda xoven e inexperto Friedmann ...

IMITACIÓN DE ESTILO: CHEMA MADOZ

 Como traballo final da asignatura, tentei imitar o estilo do autor Chema Madoz en 3 fotografías. Para elo, usei a un compañeiro, distintos obxectos do centro e un fondo branco. Velaquí, os distintos resultados, cada imaxe con un nome posto por min: Disctoaster Paint it black Sabedoría protexida