Ir al contenido principal

EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH- CRÓNICA

 O pasado mércores 23 de febreiro realizamos unha saída lectiva cara A Coruña, onde visitamos xunto a algúns profesores dúas exposición: unha do recoñecido artista Peter Limberg e outra enfocada ás mulleres no arte, no edificio de Afundación. Nesta crónica, centrarémonos sobre todo na primeira.

 Na exposición de Peter Limberg, puidemos visualizar diversas e numerosas fotografías do susodito autor. Esta tivo lugar na zona portuaria, o que a dotou dunha singularidade espectacular, pois antes de entrar ao edificio da exposición, esta zona contén uns containers nos que poderemos ver exposta obra súa e escritos de xente famosa sobre el. Unha vez dentro, pareceume interesante a súa amplitude, pois conta cunha entrada na que podemos ver un documental  sobre o autor. Logo, temos unha espazosa sala onde están expostas todas as súas obras. Mediante a visualización destas, poderemos máis ou menos sintonizar co toque único que o autor exercía sobre as súas fotografías, esa manifestación da realidade de moitas e de moitas, mediante fotos aparentemente casuais de xente coñecida ou non tanto. Nesta zona, chamoume especialmente a atención unha foto que mostraba a dúas mulleres. Unha atopábase no centro, mentres que a outra estaba a súa esquerda murmurándolle algo ao oído. A composición da foto fixo que a observase, e Amparo contounos que esta foto fora feita para a portada dunha película de Almodóvar, recoñecido director español. Aquí a dita portada:

 


 

  Avanzando polo espazo, chegaremos A unha sala escura onde veremos diversas fotografías tomadas a un preso condenado a morte, que me chamaron moito a atención, pois nel vemos unha mirada especialmente única, que fixo que nos quedaramos mirando fixamente os seus ollos por un bo rato.  E, por último, había unha sala escura que contaba con só unha enorme pantalla, na que puidemos ver un vídeo do mencionado home, no que se atopaba sentado e aparentemente inmóbil, pero de vez en cando, realizaba determinados xestos coa súa face, o cal chamounos a todos a atención e ficamos un anaco observando esa curiosa mímica. 




Para concluír, a exposición de Peter Limberg pareceume fondamente interesante, pois nela puidemos achegarnos un pouco ao xa finado artista e tamén contemplar un pequeno fragmento da súa arte, curiosa e única. Así mesmo, a súa presentación pareceume maxistral, tendo esta lugar na zona portuaria, e aproveitando ao máximo as condicións deste curioso espacio, tendo incluso unha pequena tenda-cafetaría nunha vella instalación da zona. Así mesmo, como xa dixen, a decisión de usar os containers da zona co obxectivo de expoñer máis contido pareceume maxistral. Aquí adxunto unha imaxe de toda a zona da exposición en conxunto:



Toda esta estrutura encantoume ao igual que moitas das súas obras e, por ende, ir á exposición de Peter Limberg pareceume unha saída lectiva do máis interesante.


E nada máis por agora!

Adrián Fdez. Sánchez BAC 1ºD

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELEMENTOS DA IMAXE- PLANOS E ANGULACIÓN

O plano é un elemento fundamental da imaxe. O plano dende onde sacamos a imaxe pode cambiar completamente a súa composición, e, por ende, o seu significado. Nesta entrada vamos a ver diversas fotos que van a servir de exemplificación da importancia do plano.   PLANOS DE ENCUADRE Plano detalle Primerísimo primer plano Plano medio corto     Plano medio largo Plano americano Plano entero Gran plano xeral PLANOS DE ANGULACIÓN NO COMPAÑEIRO   Coa axuda do meu compañeiro facendo como modelo, fixen unhas fotos sobre el aplicando os diversos planos dende os que podes capturar a unha persoa. Velaquí os resultados:   Plano cenital Plano picado   Plano normal Plano contrapicado   Plano nadir PLANOS ABERRANTES Estes planos consisten en sacar unha foto inclinando levemente a cámara e sen ningunha estrutura previa. Exemplos capturados no edificio A do instituto:  Esta entrada está suxeita a actualizacións nos seguintes días. Grazas por ler! Adrián Fdez. Sánchez BAC 1ºD

IMITACIÓN DE ESTILO: CHEMA MADOZ

 Como traballo final da asignatura, tentei imitar o estilo do autor Chema Madoz en 3 fotografías. Para elo, usei a un compañeiro, distintos obxectos do centro e un fondo branco. Velaquí, os distintos resultados, cada imaxe con un nome posto por min: Disctoaster Paint it black Sabedoría protexida