Ir al contenido principal

Sally Mann, a fotógrafa da cruda realidade

 Nesta entrada falaremos un pouco sobre Sally Mann, a artista da fotografía que decidín escoller. Veremos a súa traxectoria e algunhas das súas características e ao final amosarei unha réplica que fixen dunha das suas emblemáticas imaxes. Vamos alá!


-UN POUCO SOBRE A SÚA VIDA

Sally Mann é unha fotógrafa contemporánea que nace en Virginia en 1951. A súa temprana afección cara a fotografía levouna a estudala xa dende moi xoven, chegando a matricularse na susodita carreira en 1974. A partir de ahí, a súa excepcional e á vez controversial forma de expresar a realidade nas súas fotografías fixo que o seu nome resoara polos EEUU, meténdose nuns poucos líos de cando en cando. Finalmente, cabe destacar que foi considerada polo Times en 2001 a mellor fotógrafa do país estadounidense e moitas das súas obras están no Museo Metropolitano de Nova York.

-A SÚA LONGA CARREIRA E O SEU ESTILO ÚNICO E "PERTURBADOR"

Se eu a tivera que describir, diría que Sally Mann é unha artista que mira fixamente a realidade que se mostra ante ela, cóllea e a desnuda aos ollos do público. E isto dígoo porque nunca vai ter reparo en mostrar infames e brutais imaxes que poderían chegar incluso a ferir a sensibilidade dalgúns. É unha artista que quere retratar todo o que a vida nos brinda, tanto se é positivo como negativo, tendo como fieles espellos disto, na maioría dos casos, a nenos. Un claro exemplo disto son as súas dúas obras máis destacadas: Inmediate Family e At Twelve.

En Inmediate Family a fotógrafa céntrase en fotografiar a vida diaria dos seus fillos: comen, xogan, durmen... sen embargo, en moitas vemos un fondo pesimismo, pois a autora gústalle recalcar como certas actitudes dos nenos semellan propias dun adulto, froito dunha preferencia da autora a remarcar nestes tendencias que teñen a comportamentos de adultos, sexuais e inclusos propios de alguen que ve a morte ante os seus ollos.


At Twelve é unha serie de fotografías que se centran nas diferentes vidas de nenas de 12 anos, para, a través das fotos, retratarnos como estas viven a confusa etapa á que se entra nesta idade. Temos imaxes de soños apisonados, de nenas apasionadas, outras entristecidas, outras que semellan xa adultas de 20 anos... esta obra é un perfecto exemplo da vocación que sentía Sally Mann por retratar a cruenta realidade que se vivía naquela época e que non solo afectaba aos adultos.




En conclusión, poderíase decir que Sally Mann foi unha fotógrafa que retratou o que moitos temen: a realidade, pois para cada fotografía non se baseou en nada que non foran as súas propias vivencias como nai, como muller e como observadora da vida de moitas persoas que camiñan de diferentes formas sobre o sendeiro que constitúe a vida. E retratou todo isto sen tapuxos nin decoros, o que causou moita sorpresa no tempo e a convertiu nunha recoñecida fotógrafa, como digo no título, a fotógrafa da cruda realidade.

-TÉCNICA

E, por último antes da recreación da imaxe, falar da súa técnica. Sally Mann ten case todas as súas imaxes nun tono branco e negro ou sepia. A pesar destas tonalidades escuras, xoga moitísimo ca luz, buscando que reflexe a face da xente á que retrata mentres que o resto quede máis disipado ou escuro, de todas formas, ás veces tamén lle da una luz especial a cousas ou persoas do fondo para crear un equilibrio curioso.



-IMITACIÓN DUNHA DAS SÚAS OBRAS

Tras meditalo, decidín imitar unha das fotos do álbum Inmediate Family. Para elo, contei coa axuda da miña prima pequena. Centreime sobre todo en intentar imitar o xeito en que a luz se reflectía nas persoas que se atopaban no centro da foto mentres que o paisaxe de atrás resaltaba menos, polo que busquei un descampado no que poder facela contando cunha árbore para que lle dera sombra á paisaxe que se estendía detrás nosa mentras a nós nos daba o sol. Deste xeito, toda a luz da foto recaería en nós. Velaquí o resultado:





Aínda que a imitación non sexa perfecta, espero que se capte ese intento de imitar o uso da técnica da luz que empregaba Sally Mann.

Ata aquí a entrada desta semana, grazas por ler!

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELEMENTOS DA IMAXE- PLANOS E ANGULACIÓN

O plano é un elemento fundamental da imaxe. O plano dende onde sacamos a imaxe pode cambiar completamente a súa composición, e, por ende, o seu significado. Nesta entrada vamos a ver diversas fotos que van a servir de exemplificación da importancia do plano.   PLANOS DE ENCUADRE Plano detalle Primerísimo primer plano Plano medio corto     Plano medio largo Plano americano Plano entero Gran plano xeral PLANOS DE ANGULACIÓN NO COMPAÑEIRO   Coa axuda do meu compañeiro facendo como modelo, fixen unhas fotos sobre el aplicando os diversos planos dende os que podes capturar a unha persoa. Velaquí os resultados:   Plano cenital Plano picado   Plano normal Plano contrapicado   Plano nadir PLANOS ABERRANTES Estes planos consisten en sacar unha foto inclinando levemente a cámara e sen ningunha estrutura previa. Exemplos capturados no edificio A do instituto:  Esta entrada está suxeita a actualizacións nos seguintes días. Grazas por ler! Adrián Fdez. Sánchez BAC 1ºD

EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH- CRÓNICA

 O pasado mércores 23 de febreiro realizamos unha saída lectiva cara A Coruña, onde visitamos xunto a algúns profesores dúas exposición: unha do recoñecido artista Peter Limberg e outra enfocada ás mulleres no arte, no edificio de Afundación. Nesta crónica, centrarémonos sobre todo na primeira.  Na exposición de Peter Limberg, puidemos visualizar diversas e numerosas fotografías do susodito autor. Esta tivo lugar na zona portuaria, o que a dotou dunha singularidade espectacular, pois antes de entrar ao edificio da exposición, esta zona contén uns containers nos que poderemos ver exposta obra súa e escritos de xente famosa sobre el. Unha vez dentro, pareceume interesante a súa amplitude, pois conta cunha entrada na que podemos ver un documental  sobre o autor. Logo, temos unha espazosa sala onde están expostas todas as súas obras. Mediante a visualización destas, poderemos máis ou menos sintonizar co toque único que o autor exercía sobre as súas fotografías, esa manifestación da realida

IMITACIÓN DE ESTILO: CHEMA MADOZ

 Como traballo final da asignatura, tentei imitar o estilo do autor Chema Madoz en 3 fotografías. Para elo, usei a un compañeiro, distintos obxectos do centro e un fondo branco. Velaquí, os distintos resultados, cada imaxe con un nome posto por min: Disctoaster Paint it black Sabedoría protexida