Ir al contenido principal

OS MÉTODOS DE EFECTOS DE PERSPECTIVA ANTIGOS

 Hoxe en día, coas imaxes 3D ou coas nosas tecnoloxías actuais temos dispoñible a posibilidade de retractar obxectos facilmente dende calquera punto de vista. Sen embargo, nos tempos antigos non era así. Moitos pintores, para poder chegar a debuxar os obxectos noutros tipos de orientación ou punto de vista, tiveron que facer uso do seu inxenio para inventar mecanismo que, aproveitando os raios de luz, proxectaron novos ángulos das imaxes. Vamos botar un repaso a uns poucos.


1.- Instrumento de perspectiva no Grabado de Durero 

Grabados de Alberto Durero | Jesús M. Ruiz

Esta imaxe data ao ano 1525, é dicir, século XVI. Un período para nós moi arcaico. Como podemos ver, dúas persoas estás traballando cun mecanismo que lles permita ver o instrumento dende unha perspectiva diferente para poder usala para o debuxo. Consiste nunha corda que coa axuda dun pequeno espello proxecta no papel uns puntos que trazan o instrumento para orientar a súa pintura na perspectiva que podemos observar. É moi curioso ver o apañados que eran na época e  seguramente tamén moi perseverantes, pois lles levaría moito tempo descubrir iso.

2.- A cámara lúcida

 

 

Instrumento amplamente empregado no debuxo técnico. Ponse o obxecto que se desexa pintar en fronte nosa, e diante dun ollo temos un cristal ao que se proxectan os raios de luz da figura. Así, veremos ante o papel os trazos necesarios para retratala.Un mecanismo máis sinxelo que o anterior.

3.- A cámara escura

La Cámara Oscura | t o d o – f o t o g r a f i a

 Está dotada dunha historia moi longa e moita influencia, por ende, no arte. O seu funcionamento é fácil, como podemos ver, o obxecto será colocado diante da dita cámara, proxectándose diante del unha sombra inversa que o porá ao revés. Tamén pódese usar para outros usos, o cal fixo que fose empregada tamén para facer grandes pinturas.

4.- O velo traducente ou o velo de Alberti

Máquina de la perspectiva.

Foi a primeira máquina de perspectiva. O velo de Alberti consiste nun hilos grosos que se interpoñen entre o debuxante e o obxecto de debuxo, de modo que este se poida debuxar a unha escala natural. Foi inventado polo filósofo, matemático e arquitecto Leon Battista Alberti no século XV. Este invento considérase un dos principais antecedentes ideolóxicos da fotografía.


E nada máis por agora, destaquei catro métodos de efectos de perspectiva usados nunha época na que a tecnoloxía non podía facer nada polos artistas e tiveron que usar o seu inxenio. Cabe destacar a cámara escura e o velo de Alberti pola súa relevancia e inxenio.

Grazas por ler!


Adrián Fdez. Sánchez BAC 1ºD

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

ROBERT CAPA: O MESTRE DA FOTOREPORTAXE

 Nesta entrada, vamos a falar do autor Robert  Capa, pseudónimo usado pola parella de André Friedmann e Gerda Taro para que as súas imaxes acadaran unha maior difusión, convertíndose este nun dos nomes más coñecidos no ámbito da fotoreportaxe bélica. Destacou, por exemplo, o seu traballo no noso país, España, durante a guerra civil que vivimos no século XX, no que os fascistas sublevados acabaron coa II República. A continuación, falaremos brevemente da vida e obra destes autores. Friedmann fotografiado por Taro   OS INICIOS DE CAPA André Friedman era un simple adolescente que, debido á perda por parte dos seus pais do negocio e da casa na gran depresión, vírase convertido nun vagabundo polas rúas de Budapest, a súa cidade natal. Nesta etapa da súa vida, comeza a mostrar interese polo arte da fotografía por unha coñecida chamada Eva Besnyo. Máis adiante, a finais do seu período escolar, coñece ao socialista Lajos Kassák, quen esperta nun aínda xoven e inexperto Friedmann ...

IMITACIÓN DE ESTILO: CHEMA MADOZ

 Como traballo final da asignatura, tentei imitar o estilo do autor Chema Madoz en 3 fotografías. Para elo, usei a un compañeiro, distintos obxectos do centro e un fondo branco. Velaquí, os distintos resultados, cada imaxe con un nome posto por min: Disctoaster Paint it black Sabedoría protexida

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados: 1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.               Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto. Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra. De novo, usamos a pantalla dourada. Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados. FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO        Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fo...