Ir al contenido principal

Unha pintura posterior ao século XX que recorda ao pasado

Hoxe en día podemos atopar moitas recreacións do arte de principos do século XX no noso mundo contemporáneo. Moitos recurren a él para a nostalxia, outros, para buscar unha forma orixinal de expresarse, etc. Sen embargo, son poucos os que podemos ver a simple vista que recurran a recrear a un estilo de arte anterior ao século XX. Tras estar un tempo buscando en Internet, angustieime ao non atopar nada que recrease ese arte e que correspondera a unha data cercana aos nosos días, é dicir, a partir do século XX. Pero véuseme á cabeza unha das miñas pasións: o cine. E nese momento, recordei un cadro que había nun cine que frecuentaba cando, antes de ser adolescente, tiña a idade de 7-8 anos. Este cadro recreaba un antigo cadro do pasado, pero cambiando as caras dos retratados orixinalmente pola de actores e personaxes míticos do cine. Por ende, ao lembrarme disto, intentei buscar o cadro orixinal e a súa versión contemporánea feita para conmemorar o cine. E así atopei dita pintura, aquí a temos: 
Fotomural 100 Años De Cine arte pop
 Como se pode apreciar, temos unha pintura que nos recorda a tempos antigos, feita no interior dun lugar que nos parece mitolóxico, cos seus arcos e estatuas de divindades. Sen embargo, aquí temos figuras de entes contemporáneos. Tamén nos recorda a un estilo de pintura antigo que fai o mínimo contraste posible coas figuras dos famosos. Buscando sobre ela, vin que esta obra está feita polo pintor RENATO CASARO para conmemorar os 100 anos de cine, e que está feita parodiando unha pintura antiga que representaba a filosofía moderna da antiga grecia, aquí temos a pintura orixinal: 


Filósofos de Grecia: la vida de los amantes de la sabiduría

Como podemos ver, mesmo  lugar, mesmo sitio, semellante estilo de pintura antigo, pero... diferentes personaxes. 

Para concluír, atopamos unha pintura moderna que recorda a un lugar e un estilo de pintura antigo. 


Adrián Fdez. Sánchez, BAC 1ºD


























Comentarios

Entradas populares de este blog

A cor

 A cor é un dos elementos fundamentais da imaxe. Sen este elemento, grandes imaxes carecerían de sentido. Para este pequeno traballo, saquei unha foto a unha folla de cor azul e puxen todo o que a rodeaba en branco e negro, recalcando así o valor que a cor ten. Un valor do que, moitas veces, non nos decatamos.

AS HORAS DO DÍA

Para esta entrada, probamos a facer unha foto ao mesmo lugar dende o mesmo sitio pero en diferentes horas do día, sacando unha cedo pola mañá(8 e vinte da mañá), outra pola tarde (5 da tarde) e outra ao anoitecer (8 da tarde). Velaquí o resultado: FOTO DA MAÑÁ: FOTO DA TARDE: FOTO DO ANOITECER: E nada máis por agora, grazas por ver! Adrián Fdez., BAC 1°D

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados: 1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.               Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto. Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra. De novo, usamos a pantalla dourada. Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados. FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO        Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fo...