Ir al contenido principal

A IMAXE

IMAXE DEFINICIÓN

Que é unha imaxe? De xeito visual, unha imaxe pode ser unha captura dunha persoa, unha pintura... unha imaxe é todo aquelo que podemos ver ante os nosos ollos formado por unhas proxeccións de luz, pero, a través da nosa subxectividade humana toma unha forma e un valor simbólico, e incluso pode simbolizar para nós algo máis que unha imaxe bonita ou fea. Unha imaxe pode emocionarnos ou entristecernos, facernos viaxar aos seus fermosos paisaxes, facernos sentir nostalxia... En conclusión, para min a imaxe é unha simple proxección ante os nosos ollos que a subxectividade humana pode dotar de vida.

 

Ben, xa falei da visualidade e do que subxectivamente opino dela. Agora vamos a darlle unha definición nos sentidos filosóficos, políticos, visuais e artísticos. 

Filosoficamente, a imaxe foi obxecto de moitas observacións. En filosofía grandes comentarios nacen a partir dunha análise dunha imaxe que pode dicir mil cousas, pois repetíndome, a imaxe é algo que coa axuda da mente e subxectividade humana pode chegar a significar miles de cousas.

Na política, a imaxe é moi importante como obxecto de atracción, por exemplo, nun cartel dun partido político buscarase unha imaxe limpa, na que vexamos a o político sorrindo e un fermoso lema.



Artisticamente, a imaxe foi unha das formas máis usadas que millóns de artistas nos mostrasen o seu talento. Aquí tamén volve a repercutir a subxectividade humana como medio de análise para darlle varios sentidos ás imaxes, e así, que grazas ao que nos fan pensar, podamos considerar arte moitas imaxes.


Para falar da imaxe na economía, podemos recorrer aos anuncios publicitarios. Neste ámbito a imaxe é usada como medio de atracción cara o consumidor e priman os elementos chamativos como cores vivos e, dentro da imaxe, palabras con tipografías rechamantes.

E isto sería a miña introdución sobre o que é a imaxe en moitos ámbitos, grazas por ler!



Comentarios

Entradas populares de este blog

A cor

 A cor é un dos elementos fundamentais da imaxe. Sen este elemento, grandes imaxes carecerían de sentido. Para este pequeno traballo, saquei unha foto a unha folla de cor azul e puxen todo o que a rodeaba en branco e negro, recalcando así o valor que a cor ten. Un valor do que, moitas veces, non nos decatamos.

AS HORAS DO DÍA

Para esta entrada, probamos a facer unha foto ao mesmo lugar dende o mesmo sitio pero en diferentes horas do día, sacando unha cedo pola mañá(8 e vinte da mañá), outra pola tarde (5 da tarde) e outra ao anoitecer (8 da tarde). Velaquí o resultado: FOTO DA MAÑÁ: FOTO DA TARDE: FOTO DO ANOITECER: E nada máis por agora, grazas por ver! Adrián Fdez., BAC 1°D

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados: 1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.               Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto. Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra. De novo, usamos a pantalla dourada. Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados. FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO        Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fo...