Ir al contenido principal

ROBERT CAPA: O MESTRE DA FOTOREPORTAXE

 Nesta entrada, vamos a falar do autor Robert  Capa, pseudónimo usado pola parella de André Friedmann e Gerda Taro para que as súas imaxes acadaran unha maior difusión, convertíndose este nun dos nomes más coñecidos no ámbito da fotoreportaxe bélica. Destacou, por exemplo, o seu traballo no noso país, España, durante a guerra civil que vivimos no século XX, no que os fascistas sublevados acabaron coa II República. A continuación, falaremos brevemente da vida e obra destes autores.


Friedmann fotografiado por Taro

 

OS INICIOS DE CAPA

André Friedman era un simple adolescente que, debido á perda por parte dos seus pais do negocio e da casa na gran depresión, vírase convertido nun vagabundo polas rúas de Budapest, a súa cidade natal.

Nesta etapa da súa vida, comeza a mostrar interese polo arte da fotografía por unha coñecida chamada Eva Besnyo. Máis adiante, a finais do seu período escolar, coñece ao socialista Lajos Kassák, quen esperta nun aínda xoven e inexperto Friedmann a paixón pola utilización da fotografía como medio de denuncia das inxustizas sociais, fotografando todas as barbaries bélicas ou dos estados autoritarios.

 

Lajos Kassák - 25 obras de arte - pintura
Lajos Kassák

 

Máis tarde, debido á implantación dun réxime totalitario e fascista en Hungría, Friedmann migra a París, onde coñece a Seymour, a través do cal consegue un traballo na revista Regards, onde poderá comezar a publicar as súas fotografías de ideoloxía antifascista. Posteriormente, coñece neste mesmo país a Gerda Taro, quen se converte na súa moza. A partir de agora, ambos dedícanse a tomar fotografías e publicalas. Aquí comezaría a usarse o pseudónimo de Capa, é dicir, é o nacemento deste nome, debido a fins financeiros. A partir de agora, ámbolos dous levarán a cabo unha inmensa obra de fotoreportaxe con centos de fotografías maxistrais baixo este pseudónimo. 


Gerda Taro fotografiada por un anónimo


A OBRA DE CAPA

A partir de aquí, é importante considerar que vamos a atribuír toda a obra ao pseudónimo Robert Capa e non aos propios autores, isto debido a que, debido á falta de explicación por Taro e Friedmann, non se sabe se moitas fotos foron capturadas por un o por outra. Por ende, vamos a recoñecer as imaxes coma as obras de Robert Capa, incluíndo a estes dous o pseudónimo. 

Como xa dixen, a parella atopábase en Francia. Pero a súa estancia non sería moi duradeira, xa que marcharon no 1936 para España, co propósito de capturar imaxes da guerra civil que estaba tengo lugar no país, a modo de fotoreportaxe. Alí, conseguen pasar ao estrellato coa imaxe Muerte de un miliciano, captada xusto no momento no que un soldado anarquista é disparado na cabeza en plena batalla. A imaxe percorreu case todos os períodicos do mundo e trouxo consigo un grande impacto na sociedade internacional da época. 



Non obstante, os fotógrafos tamén lograron capturar moitas outras imaxes, malia non ser estas tan coñecidas, xa que se centran máis nun contido social subliminal que nun conflito bélico directo e, por conseguinte, non lograban impactar tanto.




Non obstante, no seu afán de sacar a maior cantidade de fotos posibles nun conflito bélico e, evidentemente, perigoso, Gerda Taro terminou morrendo de forma terrible ao ser destripada por un tanque. A pesar do desafortunado incidente, Friedmann decidiu seguir adiante, continuando co uso do pseudónimo de Robert Capa e sacando máis fotografías que se convertirían en sublimes fotoreportaxes do acontencido en diferentes conflitos bélicos do século XX. 

Gerda Taro no hospital


Así foi como na II Guerra Mundial o fotógrafo estivo presente na gran maioría dos importantes escenarios bélicos da mesma. Destacan as súas fotografías tomadas no Desembarco de Normandía e na liberación de París. 



Máis tarde, debido á ausencia de conflitos, convértese nun "fotógrafo de guerra en paro". Volve a París, onde leva unha vida cosmopolita, e onde colabora na fundación da axencia Magnum que, como vimos no trimestre anterior, constitúe a primeira axencia mundial composta só por fotógrafos. Realiza un traballo moi notable para ela, con fotografías de contido bélico e artístico.

Finalmente, fenece en 1954, cando se atopaba cubrindo a guerra de Indochina, predecesora do que sería Vietnam durante a Guerra Fría. Pisou unha mina antipersoas e terminou morto. Aquí temos a súa derradeira foto coñecida:


Robert Capa deixou un grande legado no mundo da fotoreportaxe, ensinando ao eido mundial todo o que estaba a ocorrer na fronte e na retaguardia dos países asolados polas guerras a través de maxistrais fotos. Aínda despois de morto, o seu nome será estudado e lembrado de xeración en xeración.

Grazas por ler,

Adrián Fdez. Sánchez BAC 1ºD

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELEMENTOS DA IMAXE- PLANOS E ANGULACIÓN

O plano é un elemento fundamental da imaxe. O plano dende onde sacamos a imaxe pode cambiar completamente a súa composición, e, por ende, o seu significado. Nesta entrada vamos a ver diversas fotos que van a servir de exemplificación da importancia do plano.   PLANOS DE ENCUADRE Plano detalle Primerísimo primer plano Plano medio corto     Plano medio largo Plano americano Plano entero Gran plano xeral PLANOS DE ANGULACIÓN NO COMPAÑEIRO   Coa axuda do meu compañeiro facendo como modelo, fixen unhas fotos sobre el aplicando os diversos planos dende os que podes capturar a unha persoa. Velaquí os resultados:   Plano cenital Plano picado   Plano normal Plano contrapicado   Plano nadir PLANOS ABERRANTES Estes planos consisten en sacar unha foto inclinando levemente a cámara e sen ningunha estrutura previa. Exemplos capturados no edificio A do instituto:  Esta entrada está suxeita a actualizacións nos seguintes días. Grazas por ler! Adrián Fdez. Sánchez BAC 1ºD

EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH- CRÓNICA

 O pasado mércores 23 de febreiro realizamos unha saída lectiva cara A Coruña, onde visitamos xunto a algúns profesores dúas exposición: unha do recoñecido artista Peter Limberg e outra enfocada ás mulleres no arte, no edificio de Afundación. Nesta crónica, centrarémonos sobre todo na primeira.  Na exposición de Peter Limberg, puidemos visualizar diversas e numerosas fotografías do susodito autor. Esta tivo lugar na zona portuaria, o que a dotou dunha singularidade espectacular, pois antes de entrar ao edificio da exposición, esta zona contén uns containers nos que poderemos ver exposta obra súa e escritos de xente famosa sobre el. Unha vez dentro, pareceume interesante a súa amplitude, pois conta cunha entrada na que podemos ver un documental  sobre o autor. Logo, temos unha espazosa sala onde están expostas todas as súas obras. Mediante a visualización destas, poderemos máis ou menos sintonizar co toque único que o autor exercía sobre as súas fotografías, esa manifestación da realida

IMITACIÓN DE ESTILO: CHEMA MADOZ

 Como traballo final da asignatura, tentei imitar o estilo do autor Chema Madoz en 3 fotografías. Para elo, usei a un compañeiro, distintos obxectos do centro e un fondo branco. Velaquí, os distintos resultados, cada imaxe con un nome posto por min: Disctoaster Paint it black Sabedoría protexida