Ir al contenido principal

Entradas

IMITACIÓN DE ESTILO: CHEMA MADOZ

 Como traballo final da asignatura, tentei imitar o estilo do autor Chema Madoz en 3 fotografías. Para elo, usei a un compañeiro, distintos obxectos do centro e un fondo branco. Velaquí, os distintos resultados, cada imaxe con un nome posto por min: Disctoaster Paint it black Sabedoría protexida
Entradas recientes

ROBERT CAPA: O MESTRE DA FOTOREPORTAXE

 Nesta entrada, vamos a falar do autor Robert  Capa, pseudónimo usado pola parella de André Friedmann e Gerda Taro para que as súas imaxes acadaran unha maior difusión, convertíndose este nun dos nomes más coñecidos no ámbito da fotoreportaxe bélica. Destacou, por exemplo, o seu traballo no noso país, España, durante a guerra civil que vivimos no século XX, no que os fascistas sublevados acabaron coa II República. A continuación, falaremos brevemente da vida e obra destes autores. Friedmann fotografiado por Taro   OS INICIOS DE CAPA André Friedman era un simple adolescente que, debido á perda por parte dos seus pais do negocio e da casa na gran depresión, vírase convertido nun vagabundo polas rúas de Budapest, a súa cidade natal. Nesta etapa da súa vida, comeza a mostrar interese polo arte da fotografía por unha coñecida chamada Eva Besnyo. Máis adiante, a finais do seu período escolar, coñece ao socialista Lajos Kassák, quen esperta nun aínda xoven e inexperto Friedmann a paixón pola

ELEMENTOS DA IMAXE- PLANOS E ANGULACIÓN

O plano é un elemento fundamental da imaxe. O plano dende onde sacamos a imaxe pode cambiar completamente a súa composición, e, por ende, o seu significado. Nesta entrada vamos a ver diversas fotos que van a servir de exemplificación da importancia do plano.   PLANOS DE ENCUADRE Plano detalle Primerísimo primer plano Plano medio corto     Plano medio largo Plano americano Plano entero Gran plano xeral PLANOS DE ANGULACIÓN NO COMPAÑEIRO   Coa axuda do meu compañeiro facendo como modelo, fixen unhas fotos sobre el aplicando os diversos planos dende os que podes capturar a unha persoa. Velaquí os resultados:   Plano cenital Plano picado   Plano normal Plano contrapicado   Plano nadir PLANOS ABERRANTES Estes planos consisten en sacar unha foto inclinando levemente a cámara e sen ningunha estrutura previa. Exemplos capturados no edificio A do instituto:  Esta entrada está suxeita a actualizacións nos seguintes días. Grazas por ler! Adrián Fdez. Sánchez BAC 1ºD

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados: 1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.               Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto. Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra. De novo, usamos a pantalla dourada. Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados. FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO        Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fondo escuro, e usamos como punto de luz un foco que fumos movendo. Vel

AS HORAS DO DÍA

Para esta entrada, probamos a facer unha foto ao mesmo lugar dende o mesmo sitio pero en diferentes horas do día, sacando unha cedo pola mañá(8 e vinte da mañá), outra pola tarde (5 da tarde) e outra ao anoitecer (8 da tarde). Velaquí o resultado: FOTO DA MAÑÁ: FOTO DA TARDE: FOTO DO ANOITECER: E nada máis por agora, grazas por ver! Adrián Fdez., BAC 1°D

EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH- CRÓNICA

 O pasado mércores 23 de febreiro realizamos unha saída lectiva cara A Coruña, onde visitamos xunto a algúns profesores dúas exposición: unha do recoñecido artista Peter Limberg e outra enfocada ás mulleres no arte, no edificio de Afundación. Nesta crónica, centrarémonos sobre todo na primeira.  Na exposición de Peter Limberg, puidemos visualizar diversas e numerosas fotografías do susodito autor. Esta tivo lugar na zona portuaria, o que a dotou dunha singularidade espectacular, pois antes de entrar ao edificio da exposición, esta zona contén uns containers nos que poderemos ver exposta obra súa e escritos de xente famosa sobre el. Unha vez dentro, pareceume interesante a súa amplitude, pois conta cunha entrada na que podemos ver un documental  sobre o autor. Logo, temos unha espazosa sala onde están expostas todas as súas obras. Mediante a visualización destas, poderemos máis ou menos sintonizar co toque único que o autor exercía sobre as súas fotografías, esa manifestación da realida