Ir al contenido principal

Entradas

Unha pintura posterior ao século XX que recorda ao pasado

Hoxe en día podemos atopar moitas recreacións do arte de principos do século XX no noso mundo contemporáneo. Moitos recurren a él para a nostalxia, outros, para buscar unha forma orixinal de expresarse, etc. Sen embargo, son poucos os que podemos ver a simple vista que recurran a recrear a un estilo de arte anterior ao século XX. Tras estar un tempo buscando en Internet, angustieime ao non atopar nada que recrease ese arte e que correspondera a unha data cercana aos nosos días, é dicir, a partir do século XX. Pero véuseme á cabeza unha das miñas pasións: o cine. E nese momento, recordei un cadro que había nun cine que frecuentaba cando, antes de ser adolescente, tiña a idade de 7-8 anos. Este cadro recreaba un antigo cadro do pasado, pero cambiando as caras dos retratados orixinalmente pola de actores e personaxes míticos do cine. Por ende, ao lembrarme disto, intentei buscar o cadro orixinal e a súa versión contemporánea feita para conmemorar o cine. E así atopei dita pintura, aquí a ...

A IMAXE

IMAXE DEFINICIÓN Que é unha imaxe? De xeito visual, unha imaxe pode ser unha captura dunha persoa, unha pintura... unha imaxe é todo aquelo que podemos ver ante os nosos ollos formado por unhas proxeccións de luz, pero, a través da nosa subxectividade humana toma unha forma e un valor simbólico, e incluso pode simbolizar para nós algo máis que unha imaxe bonita ou fea. Unha imaxe pode emocionarnos ou entristecernos, facernos viaxar aos seus fermosos paisaxes, facernos sentir nostalxia... En conclusión, para min a imaxe é unha simple proxección ante os nosos ollos que a subxectividade humana pode dotar de vida.   Ben, xa falei da visualidade e do que subxectivamente opino dela. Agora vamos a darlle unha definición nos sentidos filosóficos, políticos, visuais e artísticos.  Filosoficamente, a imaxe foi obxecto de moitas observacións. En filosofía grandes comentarios nacen a partir dunha análise dunha imaxe que pode dicir mil cousas, pois repetíndome, a imaxe é algo que coa axuda...