Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados: 1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.               Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto. Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra. De novo, usamos a pantalla dourada. Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados. FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO        Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fondo escuro, e usamos como punto de luz un foco que fumos movendo. Vel

AS HORAS DO DÍA

Para esta entrada, probamos a facer unha foto ao mesmo lugar dende o mesmo sitio pero en diferentes horas do día, sacando unha cedo pola mañá(8 e vinte da mañá), outra pola tarde (5 da tarde) e outra ao anoitecer (8 da tarde). Velaquí o resultado: FOTO DA MAÑÁ: FOTO DA TARDE: FOTO DO ANOITECER: E nada máis por agora, grazas por ver! Adrián Fdez., BAC 1°D

EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH- CRÓNICA

 O pasado mércores 23 de febreiro realizamos unha saída lectiva cara A Coruña, onde visitamos xunto a algúns profesores dúas exposición: unha do recoñecido artista Peter Limberg e outra enfocada ás mulleres no arte, no edificio de Afundación. Nesta crónica, centrarémonos sobre todo na primeira.  Na exposición de Peter Limberg, puidemos visualizar diversas e numerosas fotografías do susodito autor. Esta tivo lugar na zona portuaria, o que a dotou dunha singularidade espectacular, pois antes de entrar ao edificio da exposición, esta zona contén uns containers nos que poderemos ver exposta obra súa e escritos de xente famosa sobre el. Unha vez dentro, pareceume interesante a súa amplitude, pois conta cunha entrada na que podemos ver un documental  sobre o autor. Logo, temos unha espazosa sala onde están expostas todas as súas obras. Mediante a visualización destas, poderemos máis ou menos sintonizar co toque único que o autor exercía sobre as súas fotografías, esa manifestación da realida