Ir al contenido principal

Diario da luz

Na entrada de hoxe veremos fotos nas que a luz vai a ser a protagonista, e, pola contra, outrras nas que este papel vai pertencer ás sombras. Así mesmo, veremos fotografiada a textura de moitos obxectos. Vamos alá!


FOTOS DE LUZ

 Aquí vamos a centrarnos na luz, intentándoa captar de diferentes formas: nun paisaxe, no medio dunha habitación ou parede escuras, de xeitos máis abstractos...


Aquí aproveito como o sol reflexa o portal da miña casa na parede para sacar unha foto.

Puxen a habitación a escuras e encendín esta lámpada, creando luz no medio da escuridade.


Aproveito un vago reflexo de luz que á súa vez traza unha figura de sombras.


Aproveito os raios de luz que saen das persianas pechadas.

Luz que produce o proxector da clase.
E, por último, tamén podemos facer un efecto de queimado ca luz, aquí un exemplo:

FOTOS DE SOMBRAS

Aquí centrarémonos nas sombras, captando as formas que realizan e como resaltan sobre a luz:

Sento a un compañeiro nas gradas e fotografío a sombra que produce.

Poño a dous compañeiros en diferentes niveis das gradas e fotografío a sombra que proxectan.

Arbores e outros obxectos escuros que destacan sobre un fondo tenuemente luminoso.


Sombra proxectada polo barrotes da aula de exames.
As ramas dos árbores proxéctanse sobre o caseto, ao cal lle da o sol.
Sombra sobre un chan ao que lle da o sol.


As sombras das casas refléctanse nun campo iluminado.

Máis sombras sobre un chan ao que lle da o sol.


TEXTURA

Moitos obxectos teñen unha certa textura que afecta en gran medida á imaxe. Vamos a ver fotografías de diferentes texturas:
 
 
Texturas dunhas plantas do patio.
Textura orgánica.
Textura das nubes e o ceo.
Textura dunha parede do edificio B.
Textura dunhas cristaleiras.
 
 
Textura dunhas follas que constitúen unha planta do patio.
 
 
Textura da herba.
Textura do granito do patio.
Textura da madeira natural.
 
 
Texturas de chans e paredes.

Textura dunha pedra do patio.
Textura en movemento.
Textura dun pantalón.

E nada máis por agora, grazas por ler!!

    Adrián Fdez. BAC 1ºD














Comentarios

Entradas populares de este blog

A cor

 A cor é un dos elementos fundamentais da imaxe. Sen este elemento, grandes imaxes carecerían de sentido. Para este pequeno traballo, saquei unha foto a unha folla de cor azul e puxen todo o que a rodeaba en branco e negro, recalcando así o valor que a cor ten. Un valor do que, moitas veces, non nos decatamos.

AS HORAS DO DÍA

Para esta entrada, probamos a facer unha foto ao mesmo lugar dende o mesmo sitio pero en diferentes horas do día, sacando unha cedo pola mañá(8 e vinte da mañá), outra pola tarde (5 da tarde) e outra ao anoitecer (8 da tarde). Velaquí o resultado: FOTO DA MAÑÁ: FOTO DA TARDE: FOTO DO ANOITECER: E nada máis por agora, grazas por ver! Adrián Fdez., BAC 1°D

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO- ILUMINACIÓN

Nas pasadas sesións lectivas estivemos no patio ou no salón de actos facendo diversas fotografías para poñer un pouco en práctica o aprendido na materia. Desta forma, fixemos fotos a diferentes texturas, á luz e ás sombras sobre diversas superficies... Finalmente, centrámonos en fotografar a  un busto e a un compañeiro noso, nunha tarefa que se fixo a semana pasada e a cal foi en parellas. Aquí teño os meus resultados: 1ª foto: Foto do busto. Non se usa ningún truco cos paneis de cor branco ou dourado, a foto sácase de xeito natural, sen efectos.               Nesta foto, o meu compañeiro sostén a pantalla dourada a carón do busto. Aquí usamos levemente a pantalla branca para darlle un pouco de claridade ao lado da sombra. De novo, usamos a pantalla dourada. Aquí, usamos a pantalla branca, e conseguimos os resultados desexados. FOTOS DO BUSTO EN FONDO NEGRO        Nas seguintes imaxes, puxemos o busto en fronte dun fo...