Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

ELEMENTOS DA COMPOSICIÓN

  ELEMENTOS BÁSICOS Centro de atención      Poden ser varios elementos os que chamen a nosa atención. Punto de atención  Pode ser calquera elemento que chame a nosa atención dentro da imaxe. Aquí adxunto uns exemplos das imaxes que realicei o pasado mércores 24/11, onde usei un paraugas como dito punto de atención. Na primeira imaxe vemos como o paraugas está en branco para rechamar a atención, pois está encima dunha pista escura. En cambio, na segunda, mostro o lado escuro do paraugas para que faga contraste co claro do pavillón. LIÑAS     Segundo onde estean situadas dividen ou dirixen a mirada. Adxunto este exemplo realizado o 2 de decembro cunhas liñas que había no corredoiro do edificio A. Na imaxe 1 podemos ver como a liña central exténdese por todo o corredoiro mentres que outra liña chega ata a esquima inferior dereita da fotografía. E na segunda vemos un radiador dende unha perspectiva que crea varias liñas FORMAS Forman parte da imaxe e poden chegar a ser do máis curiosas e p

OS MÉTODOS DE EFECTOS DE PERSPECTIVA ANTIGOS

 Hoxe en día, coas imaxes 3D ou coas nosas tecnoloxías actuais temos dispoñible a posibilidade de retractar obxectos facilmente dende calquera punto de vista. Sen embargo, nos tempos antigos non era así. Moitos pintores, para poder chegar a debuxar os obxectos noutros tipos de orientación ou punto de vista, tiveron que facer uso do seu inxenio para inventar mecanismo que, aproveitando os raios de luz, proxectaron novos ángulos das imaxes. Vamos botar un repaso a uns poucos. 1.- Instrumento de perspectiva no Grabado de Durero  Esta imaxe data ao ano 1525, é dicir, século XVI. Un período para nós moi arcaico. Como podemos ver, dúas persoas estás traballando cun mecanismo que lles permita ver o instrumento dende unha perspectiva diferente para poder usala para o debuxo. Consiste nunha corda que coa axuda dun pequeno espello proxecta no papel uns puntos que trazan o instrumento para orientar a súa pintura na perspectiva que podemos observar. É moi curioso ver o apañados que eran na época e