Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

A cor

 A cor é un dos elementos fundamentais da imaxe. Sen este elemento, grandes imaxes carecerían de sentido. Para este pequeno traballo, saquei unha foto a unha folla de cor azul e puxen todo o que a rodeaba en branco e negro, recalcando así o valor que a cor ten. Un valor do que, moitas veces, non nos decatamos.

Diario da luz

Na entrada de hoxe veremos fotos nas que a luz vai a ser a protagonista, e, pola contra, outrras nas que este papel vai pertencer ás sombras. Así mesmo, veremos fotografiada a textura de moitos obxectos. Vamos alá! FOTOS DE LUZ  Aquí vamos a centrarnos na luz, intentándoa captar de diferentes formas: nun paisaxe, no medio dunha habitación ou parede escuras, de xeitos máis abstractos... Aquí aproveito como o sol reflexa o portal da miña casa na parede para sacar unha foto. Puxen a habitación a escuras e encendín esta lámpada, creando luz no medio da escuridade. Aproveito un vago reflexo de luz que á súa vez traza unha figura de sombras. Aproveito os raios de luz que saen das persianas pechadas. Luz que produce o proxector da clase. E, por último, tamén podemos facer un efecto de queimado ca luz, aquí un exemplo: FOTOS DE SOMBRAS Aquí centrarémonos nas sombras, captando