Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

Sally Mann, a fotógrafa da cruda realidade

 Nesta entrada falaremos un pouco sobre Sally Mann, a artista da fotografía que decidín escoller. Veremos a súa traxectoria e algunhas das súas características e ao final amosarei unha réplica que fixen dunha das suas emblemáticas imaxes. Vamos alá! -UN POUCO SOBRE A SÚA VIDA Sally Mann é unha fotógrafa contemporánea que nace en Virginia en 1951. A súa temprana afección cara a fotografía levouna a estudala xa dende moi xoven, chegando a matricularse na susodita carreira en 1974. A partir de ahí, a súa excepcional e á vez controversial forma de expresar a realidade nas súas fotografías fixo que o seu nome resoara polos EEUU, meténdose nuns poucos líos de cando en cando. Finalmente, cabe destacar que foi considerada polo Times en 2001 a mellor fotógrafa do país estadounidense e moitas das súas obras están no Museo Metropolitano de Nova York. -A SÚA LONGA CARREIRA E O SEU ESTILO ÚNICO E "PERTURBADOR" Se eu a tivera que describir, diría que Sally Mann é unha artista que mira fixa